- Este medidor leva un circuito electrónico moi parecido ás placas Arduino que se usan en Tecnoloxía. Ten unha saída que se conecta á rede do centro (ás tomas de cable que hai nas aulas) e tamén unha entrada de alimentación a +5V con toma microusb para aproveitar cargadores de móbiles ou outros dispositivos. Así tamén reciclamos algún deses cargadores que moitas veces temos esquecidos polas casas!
- O medidor non ten pantalla para facer un circuito máis sinxelo e económico, pero poden verse os valores actuais conectando na páxina do Proxecto, na que aparecen as medidas actuais, as gráficas e os arquivos históricos.
- Cada medidor ten a súa propia páxina co formato: http://codos.meteoproval.es/blog/medidor-1/ (para o medidor 1, o resto é igual cambiando o número).
- O esquema electrónico do medidor é éste:
- E o deseño de pistas para facer o circuito impreso (ou PCB) é o seguinte:
- Se non temos un laboratorio electrónico a man (que é o habitual) a montaxe tamén pode facerse cunha placa de tiras (breadboard ou stripboard) seguindo o plano que aparece a continuación. Se usades o programa Fritzing axuntamos o arquivo: placa_arduino_proval_sensores_fritzing.fzz
- Por último, como todas as placas Arduino é necesario cargar un programa. Este é o noso: medidor_ambiental_2021_arduino.zip (é un programa longo, se consultades o código non vos asustedes!).
- Ademáis para controlar o sensor de CO2 MH-Z19 hai que instalar unha biblioteca no contorno Arduino: https://github.com/WifWaf/MH-Z19 (versión comprimida: MH_Z19-1.5.3.zip)
- Os datos enviados polo medidor recíbense e almacénanse na páxina web mediante un conxunto de scripts php: programas_php