Medidor 21 – 1º Bach C – Auga da Laxe

Páxina de datos do Medidor 21 situado na aula 1º Bach C do IES Auga da Laxe. Aquí poden consultarse as medidas e gráficas actuais e o histórico de datos gardados en arquivos csv:

CONCENTRACIÓN CO2 RESUMO MEDIDAS

 

TEMPERATURA – HUMIDADE RELATIVA

 

INTENSIDADE LUMINOSA – PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Maqueta didáctica para control de ventilación

Outro prototipo do proxecto: unha maqueta educativa para que os alumnos dos ciclos de electrónica poidan aprender a desenvolver proxectos relacionados coa medición e control de parámetros ambientais.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A ventilación a exame e a ventilación nos exames

Desde o 19 de febreiro deste ano en que comezóu a funcionar no T1 de Electrónica o primeiro medidor deste proxecto, xa levamos instalados máis de 13 medidores (8 no Proval, 4 no Val Miñor, 1 no Primeiro de Marzo e varios prototipos que están en probas) e 3 meses de datos acumulados. É información abonda para ir analisando os primeiros resultados, polo que aproveitando o período de exames finais en 2º de Bacharelato imos estudiar os datos obtidos na Aula 7 (2º Bach B) nos últimos dias de abril e primeiros de maio.

Nestes datos pode apreciarse que na meirande parte das xornadas lectivas os niveis de ventilación foron bastante correctos, excepto datas e horas concretas en que posiblemente a aula estivo completamente pechada e os niveis de contaminación (e, por tanto, de probabilidade de transmisión) incrementáronse de xeito importante.

En concreto centraremos o estudio nas xornadas do luns 3 de maio e o mércores 12 de maio como situacións máis desfavorable e favorable respectivamente dentro deste período. O 3 de maio (data en que se fixeron dous exames) houbo picos superiores a 1600 ppm e niveis medios superiores a 800 ppm toda a xornada lectiva, o que supera en moito os valores recomendados. O 12 de maio, pola contra, tamén houbo dous exames pero os niveis permaneceron dentro do rango aceptable. E como curiosidade, o día da entrega de notas (19 de maio) tamén houbo un valor moi alto pero durante un tempo curto.

Para o estudio tomaremos como referencia a Guía para ventilación en aulas elaborada polo CSIC a finais de 2020. Nesta guía (caso 3) indícanse como óptimos valores de CO2 entre 665 e 813 ppm, correspondentes a 6-8 renovacións completas de aire por hora (ACH). Valores de CO2 superiores a 800 ppm considéranse superiores ao recomendable non só para frear a transmisión da covid, senón para garantir o benestar e rendemento académico do alumnado.

Outros estudos como o realizado pola Universidade de Boulder (Fossil Fuel Combustion Is Driving Indoor CO2 Toward Levels Harmful to Human Cognition) alertan dos efectos de concentracións elevadas de CO2 no rendemento intelectual, indicando que valores superiores a 1400 ppm producen deterioro cognitivo con redución da capacidade de razoamento e pensamento complexo ata un 50%.

Podedes consultar o documento completo do estudo e as referencias a continuación:

GRÁFICA 3 de maio (exames mañá-tarde)

 

GRÁFICA 12 de maio (2 exames mañá)

GRÁFICA 19 de maio (entrega notas)

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Documentación – Prototipo 1

  • Este medidor leva un circuito electrónico moi parecido ás placas Arduino que se usan en Tecnoloxía. Ten unha saída que se conecta á rede do centro (ás tomas de cable que hai nas aulas) e tamén unha entrada de alimentación a +5V con toma microusb para aproveitar cargadores de móbiles ou outros dispositivos. Así tamén reciclamos algún deses cargadores que moitas veces temos esquecidos polas casas!
  • O medidor non ten pantalla para facer un circuito máis sinxelo e económico, pero poden verse os valores actuais conectando na páxina do Proxecto, na que aparecen as medidas actuais, as gráficas e os arquivos históricos.
  • Cada medidor ten a súa propia páxina co formato: http://codos.meteoproval.es/blog/medidor-1/ (para o medidor 1, o resto é igual cambiando o número).
  • O esquema electrónico do medidor é éste:

  • E o deseño de pistas para facer o circuito impreso (ou PCB) é o seguinte:

  • Se non temos un laboratorio electrónico a man (que é o habitual) a montaxe tamén pode facerse cunha placa de tiras (breadboard ou stripboard) seguindo o plano que aparece a continuación. Se usades o programa Fritzing axuntamos o arquivo: placa_arduino_proval_sensores_fritzing.fzz

  • Por último, como todas as placas Arduino é necesario cargar un programa. Este é o noso: medidor_ambiental_2021_arduino.zip (é un programa longo, se consultades o código non vos asustedes!).
  • Ademáis para controlar o sensor de CO2 MH-Z19 hai que instalar unha biblioteca no contorno Arduino: https://github.com/WifWaf/MH-Z19 (versión comprimida: MH_Z19-1.5.3.zip)
  • Os datos enviados polo medidor recíbense e almacénanse na páxina web mediante un conxunto de scripts php: programas_php
Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Rexistro de medidores

REXISTRO DE LOCALIZACIÓN E CALIBRACIÓN

Nº MED LUGAR DATA HORA OPERACIÓN
 1 PROVAL-T1 19-02-21  9:30-14:00 COLOCACIÓN
 2 PROVAL-T3 22-02-21 10:15-> COLOCACIÓN
 1 PROVAL-T3 01-03-21 8:59 CAMBIO T1->T3
 1-2 PROVAL-T3 01-03-21 8:59 COMPARATIVA 1-2
 1 PROVAL-T1 03-03-21 9:00 CAMBIO T3->T1
 2 PROVAL-T3 09-03-21 10:20 CALIBRACIÓN
 1 PROVAL-T1 09-03-21 14:30 CALIBRACIÓN (MAL)
 2 PROVAL-A23 10-03-21 10:40 CAMBIO T3->A23 (NERIO)
 1 PROVAL-T3 10-03-21 16:40 CAMBIO T1->T3

CALIBRACIÓN (BEN)

 1 PROVAL-T1 12-03-21 09:00 CAMBIO T3->T1
 1 PROVAL-T1 25-03-21 12:00 DESCONECTADO PARA REVISIÓN. Non tiña ponte de cable A3 (feito). Cambio a número 10 e pasa a ser o medidor de probas.
 10 JAVIER 29-03-21 COLOCACIÓN
 1 PROVAL-T3 08-04-21 14:00 COLOCACIÓN. Medidor novo feito con placa tiras. Pasa a ser o 1.
 7 VALMIÑOR 14-04-21 8:30-11:30 PROBA DE CONEXIÓN
 3-4-5-6-7-8-9 JAVIER 17-04-21 20h ata 23h 18/4  NOVOS MEDIDORES. Proba de calibración conxunta. calibración 18/4 ás 12:30h
7 VALMIÑOR-1ESOB 20-04-21 11h COLOCACIÓN
8 VALMIÑOR-1ESOC 20-04-21 11h COLOCACIÓN
9 VALMIÑOR-LabFQ 20-04-21 11h COLOCACIÓN
 1 PROVAL-T3 22-04-21 10:40 COLOCACIÓN 1 en T1
 2 PROVAL-T1 22-04-21 10:40 COLOCACIÓN 2 en T3
10  JAVIER 22-04-21 10:40 DESCONECTADO (sensor pasa a medidor 2)
 3 PROVAL-A24 23-04-21 10:40  COLOCACIÓN. Aula 1ESOB
 4  PROVAL-A23  23-04-21  10:40  COLOCACIÓN. Aula 3ESOB
 5  PROVAL-A7  23-04-21  10:40  COLOCACIÓN. Aula BACH2B
 6  PROVAL-A8  23-04-21  10:40  COLOCACIÓN. Aula BACH1B
 8-9 VALMIÑOR 26-04-21 13:00 CALIBRACIÓN
 9 VALMIÑOR-1ESOA 26-04-21 13:00 CAMBIO FQ->1ESOA
 7 VALMIÑOR-1ESOB 27-04-21 11:00 CALIBRACIÓN
 6 PROVAL-A8 27-04-21 08:45 CALIBRACIÓN (MAL)->REPETIR
 4 PROVAL-A23 27-04-21 17:30 CALIBRACIÓN
 6 PROVAL-A8 28-04-21  8:45 CALIBRACIÓN, creo que ben (coincide con entrada)
 6 PROVAL-A8 28-04-21 16:45 CALIBRACIÓN BEN
 5 PROVAL-A7 28-04-21 16:45 CALIBRACIÓN BEN

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Medidor 20

Páxina de datos do Medidor 20. Aquí poden consultarse as medidas e gráficas actuais e o histórico de datos gardados en arquivos csv:

CONCENTRACIÓN CO2 RESUMO MEDIDAS

 

TEMPERATURA – HUMIDADE RELATIVA

 

INTENSIDADE LUMINOSA – PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Medidor 19

Páxina de datos do Medidor 19. Aquí poden consultarse as medidas e gráficas actuais e o histórico de datos gardados en arquivos csv:

CONCENTRACIÓN CO2 RESUMO MEDIDAS

 

TEMPERATURA – HUMIDADE RELATIVA

 

INTENSIDADE LUMINOSA – PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Medidor 18 – T5 Proval

Páxina de datos do Medidor 18 situado no Taller 5 de Proval. Aquí poden consultarse as medidas e gráficas actuais e o histórico de datos gardados en arquivos csv:

CONCENTRACIÓN CO2 RESUMO MEDIDAS

 

TEMPERATURA – HUMIDADE RELATIVA

 

INTENSIDADE LUMINOSA – PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Medidor 17 – T4 Proval

Páxina de datos do Medidor 17 situado no Taller 4 de Proval. Aquí poden consultarse as medidas e gráficas actuais e o histórico de datos gardados en arquivos csv:

CONCENTRACIÓN CO2 RESUMO MEDIDAS

 

TEMPERATURA – HUMIDADE RELATIVA

 

INTENSIDADE LUMINOSA – PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Medidor 16

Páxina de datos do Medidor 16. Aquí poden consultarse as medidas e gráficas actuais e o histórico de datos gardados en arquivos csv:

CONCENTRACIÓN CO2 RESUMO MEDIDAS

 

TEMPERATURA – HUMIDADE RELATIVA

 

INTENSIDADE LUMINOSA – PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario